Escoitar

O Concello subvenciona con 36.000 euros as actividades da Federación de Peñas "El Olivo"

As concelleiras de Festas e Participación Cidadá, Isaura Abelairas e Mariló Cabaleiro, asinaron un convenio para subvencionar actividades organizadas pola Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".

martes, 29 abr 2003
Abelairas amosou a súa satisfacción por traballar con este colectivo que desenvolve un traballo solidario e participa na organización de numerosas actividades en colaboración co Concello de Vigo.

Con cargo á Concellería de Festas destinaranse 14.000 euros para a celebración da festa do mexillón, 8.250 para o magosto e 2.400 para os circuítos culturais. Participación Cidadá entregará 4.036 euros para o trofeo de xogos de mesa, 2.500 para a festa de peñas, 2.500 para a edición dunha revista e 3.000 para os gastos derivados da xestión da federación.

O presidente da federación, Balbino Barcia, sinalou a complicidade entre Mariló Cabaleiro e Isaura Abelairas con este colectivo que atenderon as súas peticións e anunciou a próxima celebración dunha cea da irmandade á que asistirán as concelleiras como convidadas.