Teatro na rúa con motivo dos premios Max
A celebración da gala da VI edición dos Premios Max no centro cultural Caixanova converterá a cidade de Vigo na capital teatral do Estado. Os días previos á gala, que será o luns 5 de maio, os vigueses poderán disfrutar de espectáculos de teatro na rúa organizados polo Concello que animarán as zonas centrais, portuarias e de praia da cidade. O alcalde Lois Castrillo e Mercedes Pascual, co-directora da productora Anexa, presentaron a semana de teatro na rúa con actuacións de grupos procedentes de Cataluña, Euskadi e Galicia.
Na tarde do venres 2 de maio, o grupo catalán Sarruga animará as rúas de Vigo cun percorrido dende Porta do Sol ata ó Náutico.
O sábado 3 de maio actuarán os grupos galegos Quinquilláns, pola mañá, e Picompé, pola tarde. Pola noite será o grupo Goloka, de Euskadi, quen presentará a montaxe denominada "Esqueletes" na rúa Areal para rematar na zona portuaria.
O domingo 4 en horario de mañá e tarde, Quinquilláns e Avelino (grupos galegos), ofrecerán espectáculos para nenos na praia de Samil.
Coa celebración da gala da VI edición dos Premios Max en Vigo, confírmase a vocación itinerante duns galardóns que nunca repetiron sé, e que en edicións anteriores visitaron Madrid (1998), Barcelona (1999), Sevilla (2000), Bilbao (2001) e Valencia (2002).
A gala celebrarase baixo a dirección de Ramón Oller, mentres que o guión e a dirección musical correrán a cargo de Piti Español e Joan Vives, respectivamente. Será unha ceremonia moi coral, que contará fundamentalmente con presentadoras femininas, ás que se unirá Serxio Pazos, compoñente do equipo do programa de televisión Caiga quien Caiga.
Os Max consolídanse como máximo recoñecemento para os profesionais de teatro e danza do Estado, dado que son os seus propios compañeiros os que integran o corpo electoral. Máis de 14.000 persoas teñen dereito a voto nesta edición. Para a tempada de 2003, os electores teñen que escoller os seus favoritos entre 412 espectáculos teatrais a concurso, 109 espectáculos de danza, 47 musicais e 126 montaxes infantís. Noutras categorías, o nivel de participación é aínda máis elevado: os aspirantes ao galardón de mellor actor de reparto, por exemplo, son máis dun milleiro. O total de candidatos, sumando todas as categorías, ascende a 8.256. Aos 24 galardóns a concurso hai que sumar outros tres, que outorga directamente o Comité Organizador dos Max: o Premio de Honra, o Premio de Teatro Alternativo e máis o Premio Hispanoamericano das Artes Escénicas.
Descargar todas as imaxes