venres, 2 maio 2003

Vigo acolle o luns a gala dos Premios Max das Artes Escénicas

O coreógrafo Ramón Oller presentou as características da gala da VI edición dos Premios Max das Artes Escénicas que terá lugar o próximo luns, 5 de maio, no teatro do Centro Cultural de Caixanova e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. Na presentación tamén estivo o alcalde Lois Castrillo e Javier Vidal, delegado xeral da SGAE en Galicia. Os galardóns, instaurados pola Sociedad General de Autores y Editores teñen como fin promocionar e reivindicar o mundo do teatro, a danza e o circo nas súas diferentes expresións.

O Concello remata a rehabilitación dos muíños do río Eifonso

venres, 2 mai 2003

O alcalde de Vigo visitou os muíños situados á beira do rio Eifonso, na parroquia de Bembrive, que acaban de seren rehabilitados polo Concello. A Concellería de Patrimonio Histórico foi a impulsora da recuperación deste conxunto etnográfico, un proxecto que contou co apoio da entidade local da parroquia.

Domínguez Olveira clausura "A radio na escola"

venres, 2 mai 2003

O concelleiro de xuventude Santiago Domínguez clausurou o pasado mércores no Colexio Público Lope de Vega o proxecto A radio na escola que, promovido pola propia Concellería de Xuventude, co apoio da Fundación Radio ECCA e a colaboración de MARKA Informática, desenvolveron ó longo de 17 semanas, percorrendo centros públicos da cidade de Vigo, e achegando a máis de 500 mozas e mozos o medio radiofónico.