Escoitar

Xornada de portas abertas no Parque Natural das Ciencias-Vigozoo

O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou as novidades de Vigozoo, que o un de maio abre as súas portas de maneira gratuíta para que os visitantes poidan coñecer as instalacións.

mércores, 30 abr 2003
1051699523Vigozoo.jpg
Osos pardos de Vigozoo
Nesta ocasión presentaranse os novos espacios destinados á granxa escola, con habitáculos para animais domésticos como coellos, galiñas ou cabras. O reptilario, insectario e bolboretario serán outras das atraccións para os visitantes, ademais do planetario e dos 331 animais que conforman o censo de Vigozoo, recentemente constituído como Parque Natural das Ciencias.

O Consello de Administración de Vigozoo habilitou unha partida para conseguir o emparellamento de todos os animais. Recentemente rematáronse as obras do contorno do zoo para ofrecerlles a máxima seguridade aos visitantes e creouse unha zona de aparcamento con accesos, pendente de sinalización horizontal e de instalación de bandas sonoras para reducir a velocidade dos vehículos que se aproximen a este espacio.

Fernández destacou que coas obras do recinto dos primates, nas que colabora o Zoolóxico de Barcelona, Vigozoo adáptase ás esixencias da normativa europea.

Amador Fernández anunciou que Vigozoo participará nun programa de recuperación do lince ibérico en colaboración co Parque Nacional de Doñana. Tamén está previsto instalar sinais con información sobre cada animal, dentro dunha campaña de sinalética que se desenvolverá en colaboración con Caixanova.

A Asociación de Amigos do Zoo organizará visitas guiadas durante as fines de semana para todos os interesados, para o que se editarán folletos autoguiados cunha ruta polas instalacións. Isto servirá tamén para redimir as penas das persoas sancionadas que desexen desenvolver unha función social.

En colaboración coa Concellería de Turismo e con Vitrasa realizarase unha campaña de promoción do zoo durante a tempada de verán. Amador Fernández sinalou que Vigozoo xa está recibindo visitas de centros escolares do norte de Portugal, que veñen pasar o día na cidade para coñecela.
Descargar todas as imaxes

Máis información