Vía libre ás urbanizacións de Villa Laura e de Quirós
A Xerencia de Urbanismo aprobou de forma definitiva os proxectos de urbanización da Unidade de Execución Villa Laura e do Plan Parcial Quirós. Isto supón que as obras nestes dous ámbitos urbanísticos poderán comezar de inmediato.
A urbanización de Villa Laura sitúase na zona delimitada polas rúas Pintor Colmeiro, Barcelona, Tarragona e Hispanidade, unha superficie de 17.973 m2 na que se construirán algo máis de 400 vivendas e unha zona verde de 3.125 m2 na que se ubicará un parque infantil. O proxecto aprobado polo Concello inclúe a prolongación da rúa Tarragona (ata Pintor Colmeiro) e da rúa Zaragoza (dende Tarragona ata Vía Hispanidade). Tamén se completará a rúa Sevilla ata Pintor Colmeiro, pero neste treito terá carácter peonal exclusivamente.
Na configuración das novas rúas optouse por un tratamento que prima aos peóns sobre o tráfico rodado (beirarrúas máis anchas con arborado), pensando na futura humanización de todo o barrio. Baixo a zona verde e a rúa Pintor Colmeiro construirase un aparcadoiro soterrado, que dará servicio non só á veciñanza senon tamén aos usuarios do centro médico próximo.
Unha das novidades desta urbanización é que contará cunha galería de servicios visitable pola que decorrerán as canalizacións de alumeado público, cable, a rede semafórica e o abastecemento de auga. O orzamento de execución da obra está avaliado en 899.000 euros.
Para que o proxecto de urbanización puidera aprobarse, o Concello tivo que chegar a un acordo cos propietarios de terreos que se utilizaron en 1995 para prolongar a rúa Pintor Colmeiro. O acordo consiste na sinatura dun convenio urbanístico en virtude do cal compensarase aos titulares dos terreos ocupados mediante a adxudicación aos mesmos de parte do aproveitamento edificable que lle corresponderá ao Concello de Vigo neste ámbito de actuación.
Plan Quirós
Outro proxecto de urbanización aprobado polo Consello da Xerencia é o do Plan Parcial Quirós, que ordena unha área de 46.125 m2 da parroquia de Sárdoma. Deuse vía libre á urbanización da zona comprendida entre a estrada provincial e o camiño de Quirós, o que suporá a mellora dos viais que atravesan a zona e a creación de novas dotacións. O presuposto da obra é de 1.654.118 euros.
O Plan Parcial permite a construcción de edificios de vivendas de oito alturas na zona adxacente á estrada provincial. Na parte que linda co camiño de Quirós só se permitirá a construcción de vivendas unifamiliares. Ámbalas áreas residenciais estarán separadas por unha zona verde de 7.000 m2. Ademáis resérvase unha superficie de 6.000 m2 para equipamentos docentes e outra de 2.208 m2 para instalacións deportivas.
Os promotores da urbanización están obrigados a construir un aparcamento soterrado de 283 prazas, que deberán ceder ao Concello. O proxecto do aparcadoiro será estudiado polo Concello noutro expediente.
O Consello da Xerencia tamén deu a súa aprobación inicial ao proxecto de urbanización do PERI Sensat. Entre as características máis salientables deste proxecto está a ampliación a 12 metros da baixada á igrexa de Alcabre e a separación da rede de sumidoiros de augas pluviais da de augas fecais.
Descargar todas as imaxes