O Concello remata a rehabilitación dos muíños do río Eifonso
O alcalde de Vigo visitou os muíños situados á beira do rio Eifonso, na parroquia de Bembrive, que acaban de seren rehabilitados polo Concello. A Concellería de Patrimonio Histórico foi a impulsora da recuperación deste conxunto etnográfico, un proxecto que contou co apoio da entidade local da parroquia.
O río Eifonso está salpicado de muíños que no seu conxunto forman un valioso testemuño etnográfico. O Concello afrontou o proxecto de recuperación e posta en valor destas construccións tradicionais acometendo ao tempo traballos de acondicionamento do contorno. Deste xeito, preténdese crear un rota na ribeira do río onde se conxugue o atractivo natural con elementos da nosa tradición cultural.
Os muíños que se restaurararon en primeiro lugar son os denominados "muíño da Pedrosa" e "muíño do Buraco". O "muíño da Pedrosa", que estaba case totalmente derruído, ten forma rectangular, conta cunha superficie de 23,65 m2 e consta de dúas estancias divididas por muros de pedra de 70 cm. de alto. O cubo é de sección circular e a súa altura supera en 2 m. a do muíño. A auga chega ao cubo a través dunha levada feita con cachotería que salva un desnivel de 3 m. A restauración consistiu na reconstrucción da cuberta e os muros, na reposición dos elementos orixinais e na instalación dos mecanismos do muiño para que puidera volver a funcionar.
O "muíño do Buraco", de 20 m2, conservábase en mellor estado ca o anterior, pero as reconstruccións ás que foi sometido alteraron a súa forma orixinal. Neste caso a rehabilitación centrouse na construcción dunha nova cuberta.
No contorno dos muíños creouse unha zona de recreo na que se plantou novo arborado. O custo das obras foi de 25.686 euros.