O auditorio municipal acolle o I Certame escolar de títeres
Os días 6 e 7 de maio terá lugar no auditorio municipal o "I Certame escolar de marionetas e guiñois", organizado pola Federación da Asociacións de Nais e Pais de Alumnos en colaboración coa concellería de Educación.
Os escolares que participan no certame crearon as súas propias marionetas en obradoiros de confección e interpretación de títeres. O tema central do certame é a coeducación.
Escolares de educación primaria, de entre 6 e 12 anos, dos centros de ensino público asistirán os días 6 e 7 en horario de 10.30 a 12.30 horas ás representacións dos centros que participan no certame: Frián Teis; Igresa-Valadares; Mestres Goldar; Pintor Laxeiro;Celso Emilio Ferreiro; Canicouba; Escultor Acuña; Javier Sensat; Mosteiro-Bembrive e Altamar.
O día 8 haberá na lonxa do Concello unha exposición das marionetas realizadas polos escolares para o certamen. Ese mesmo día, a partir das seis da tarde, será a entrega de premios que consistirá en material didáctico.