Garantida a continuidade do obradoiro de emprego Bidueiro
A Concellería de Xuventude seguirá apoiando este programa mediante o que se está a recuperar o monte do Castro.
A Comisión de Goberno acordou prolongar ata o vindeiro ano os traballos do obradoiro de emprego Bidueiro, un proxecto dirixido pola Fundación Érguete que está a servir para recuperar o Monte do Castro e para crear neste parque unha zona dedicada á xuventude. O goberno vigués aprobou hoxe as actuacións a desenvolver dentro do programa durante os anos 2003 e 2004 e certificou o compromiso da Concellería de Xuventude de seguir apoiando economicamente o proxecto.
O Bidueiro é un programa que a Fundación Érguete leva adiante en colaboración cos departamentos de Xuventude e Parques e Xardíns do Concello e co apoio da Xunta de Galicia. O seu obxectivo primordial é o de formar e facilitar a inserción laboral de 60 desempregados maiores de 25 anos da bisbarra de Vigo con especiais dificultades para atopar un posto de traballo.
As primeiras fases do programa Bidueiro serviron para realizar obras de restauración na Casa da Xuventude e para facer traballos de rehabilitación no monte do Castro. A Comisión de Goberno aprobou hoxe as actuacións que se incluirán na terceira fase:
- Adaptación da antiga sede do Eixo Atlántico para ser utilizada nos programas xuvenís de Súbete ao Castro.
- Construcción dun escenario permanente para concertos ao ar libre.
- Construcción dunha pista para uso de bicicletas circundando O Castro.
- Recuperación de praderías, arborado, sebes e camiños. Instalación de sistemas de rega, bebedeiros para cans e mobiliario urbano.
- Colocación de sistemas para a reducción da velocidade dos automóbiles.
- Sinalización do parque.