A Concellería da Muller ultima os preparativos da mostra "Mans creativas"
O programa municipal "O Noso Tempo" clausúrase coa décima exposición de traballos de mulleres veciñais de Vigo que se inaugurará o 8 de maio no local da federación "Eduardo Chao", na praza da Princesa.
Os cursos, de carácter gratuíto, están dirixidos ás mulleres maiores de 18 anos e impártense en 50 vocalías e asociacións de mulleres de Vigo.
As materias e especialidades destes cursos son comunicación, informática, coñecemento do entorno, deportes, psicoloxía, saúde, música tradicional, arte floral, pintura e debuxo, restauración e recuperación, decoración de obxectos, repuxado e gravado, fotografía, tea e fío, cerámica, coiro e cestería.
Estes cursos impártense dende hai 10 anos e naceron coa intención de servir de lugar e tempo de encontro para as mulleres.