A reconstrucción da vila romana de Toralla comezará este mesmo ano
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, presentou o proxecto de musealización do xacemento romano de Toralla, un traballo elaborado polo equipo de arquitectos Fraga, García-Quijada e Portolés en colaboración con Fermín Pérez, o director dos labores de excavación da vila romana.
O Concello pretende reconstruír algúns elementos do xacemento romano situado na finca de Mirambell e situar ao seu carón un centro de interpretación. As obras deste proxecto comezarán este mesmo ano e están presupostadas nun millón setecentos mil euros.
A finais deste mes rematarán os traballos de excavación e consolidación do xacemento realizados polo Concello de Vigo en colaboración coa Universidade. O seguinte paso será proceder á reconstrucción dalgúns elementos da vila para ofrecerlle aos futuros visitantes unha visión fiel do que era o edificio e da forma de vida dos seus habitantes. Entre as partes que serán reconstruidas estarán as termas coas súas piscinas.
En torno ao xacemento delimitaranse uns percorridos peonais que permitirán observalo dende o exterior e tamén penetrar no interior do que fora vila romana. Os restos arqueolóxicos estarán conectados a través dunha pasarela peonal co edificio de interpretación. Este inmoble albergará tamén unha cafetería. Os arquitectos proxectaron un edificio no que se fundirán diversos elementos da arquitectura tradicional de Vigo. A súa cuberta será de cobre e adoptará unha forma que evocará as ondas ou a forma das dunas. Tamén xogarán un importante papel na construcción o cristal, a pedra e o formigón verde.
Lois Castrillo explicou que con este proxecto darase continuidade ao proceso de rexeneración do Vao ao tempo que se recupera a memoria histórica de Vigo e se crea unha nova dotación cultural na franxa litoral da cidade que se sumará ao Verbum e ao Museo do Mar. O alcalde anunciou que os traballos de reconstrucción da vila romana e de creación do centro de interpretación poderían estar finalizados o próximo ano.