Principia o I Certame de títeres, guiñois e marionetas
A concelleira de Educación, Ana Gandón, asistiu á apertura do I Certame de títeres, guiñois e marionetas que se celebra no auditorio municipal.
A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Vigo, organiza "I Certame de títeres, guiñois e marionetas 2003", que se realiza o 6 e 7 de maio do 2003 no auditorio municipal coa colaboración da Concellería de Educación. Este certame de títeres terá como tema de fondo a educación en igualdade para ofrecer unha visión máis igualitaria do entorno.
Os escolares crearon as súas propias marionetas para este certame e participaron en obradoiros de confección e interpretación de títeres. Foanpas traballa na idea de crear un museo da marioneta e do títere en Vigo.
Cada colexio elaborou os seus propios títeres e marionetas e os decorados e materiais necesarios para a representación da obra. Con tódolos traballos realizados, sexan premiados ou non, farase unha exposición na lonxa do Concello.
Foanpas achegaralle a cada colexio participante un premio que consistirá en material didáctico e que será recollido polos participantes no acto de clausura. Tamén haberá 10 accesits para repartir entre os que o xurado considere oportuno. A entrega de premios será o 8 de maio.
A representación das obras realízase no auditorio do Concello o 6 e 7 de maio do 2003 de 10:00 a 13:00 horas. O tempo máximo de representación da obra é de 10 minutos aproximadamente, non estando contemplado o tempo de preparación da escena. Cada centro debe contar con persoal de apoio para a colocación do atrezzo no escenario.