Inícianse as IV Xornadas do Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o director técnico do Plan, Lois Cea, presentaron as IV Xornadas do Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións que se desenvolverán na Facultade de Ciencias os días 8 e 9 de maio. Os profesionais e persoas interesadas dispoñen dun sitio web para consulta e intercambio de documentación.
Belén Sío subliñou que o tema central das Xornadas, as conductas adictivas e a exclusión social, abrise as sesións de traballo co relatorio marco do filósofo e pedagogo, Enrique Martínez Reguera, fundador da "Escola sobre Marxinación" en Madrid.
O programa de conferencias e mesas redondas, organizado en colaboración coa Universidade e a Consellería de Sanidade, abrangue eidos como a orientación laboral, o traballo coa poboación xitana, a problemática da SIDA ou a enfermidade mental.
Doutra banda, Sío lembrou que o de Vigo "é o único Plan local, non municipal, de drogodependencias en Galicia; quer dicir, deseñado de abaixo-arriba, dende as propostas dos técnicos de distintas entidades. Dende o consenso".
Lois Cea percorreu as distintas seccións do sitio do Plan sobre drogodependencias na web do Concello, "futuro referente para profesionais e mediadores sociais xa que incluirá instrumentos de traballo".
A matrícula das IV Xornadas ascende a 200 persoas, superando edicións anteriores. O seu obxectivo é promover o encontro, o debate e a reflexión arredor das cuestións de máis actualidade no ámbito das drogodependencias e adiccións; así como contribuír á formación dos diferentes axentes implicados no proxecto conxunto do Plan Local. Os destinatarios das xornadas son profesionais, técnicos e mediadores sociais do ámbito da saúde, os servicios sociais, a educación e representantes da comunidade con interese na promoción da saúde, particularmente nas adiccións.
Descargar todas as imaxes