A cidade ilumínase de celeste para animar ao Celta

venres, 23 mai 2025

"A cidade tínguese de azul", anunciou o rexedor, ao explicar que este venres pola noite, o Halo, a pérgola da Praza de América e a fonte da Gran Vía coa rúa Illas Baleares iluminaranse de azul para apoiar ao Celta de Vigo no seu "gran día para volver a Europa". O equipo pode quedar clasificado mañá sábado tras o partido co Xetafe, que se xoga en Madrid. "Sempre Celta", anima Caballero. A bandeira do Celta ondea tamén no edificio do Concello como símbolo do apoio de todo Vigo.

As fontes de Aragón ilumínanse polo Día Mundial do Lupus

venres, 9 mai 2025

Vigo súmase este sábado 10 de maio ao Día Mundial do Lupus, unha enfermidade crónica autoinmune que afecta a 5 millóns de persoas en todo o mundo, e iluminará de morado as fontes da rúa Aragón. Con esta xornada quérese concienciar á sociedade sobre a existencia desta doenza grave e da importancia de atender as persoas que a sofren para brindarlles unha mellor calidade de vida.