ANUNCIO
venres, 8 xul 2011
A Concellería de Politica de Benestar pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao". O dispositivo realizarase nos meses de xullo e agosto: de luns a domingo,dende as 11:00 a 14:00 horas e dende as 16:00 a 20:00 horas.
luns, 20 xuñ 2011
Os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima, para que, o Servizo de Bombeiros poida levar a cabo a revisión e control desta.
ANUNCIO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
venres, 17 xuñ 2011
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06/06/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.
ANUNCIO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
venres, 17 xuñ 2011
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.