venres, 31 xul 2015
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións dos impostos de bens inmobles e actividades económicas do ano 2015 ata o 31 de xullo do presente ano.
venres, 24 xul 2015
O Concello de Vigo pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao", nos meses de xullo e agosto de luns a domingo, dende as 11:00 horas a 14:00 horas e dende as 16:00 horas a 20:00 horas.
venres, 10 xul 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 26 de xuño de 2015, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres, no ano 2015".
martes, 7 xul 2015
A Concellería de Política de Benestar pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao", nos meses de xullo e agosto de luns a domingo, dende as 11:00 horas a 14:00 horas e dende as 16:00 horas a 20:00 horas.
Experiencia piloto do día 27 de xuño de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas
venres, 26 xuñ 2015
Visitamos de novo as Illas Cíes de Vigo para coñecelas e disfrutalas e para que nos axudes a mellorar esta proposta de turismo sostible e cultural, para que veñan a Vigo todo o ano e de toda Europa os viaxeiros e viaxeiras que saben coidar do medio natural.