Escoitar

Educación anima os escolares de 6º de Primaria a falar inglés nas "Aulas Internacionais"

O Concello de Vigo, através do Servizo de Educación, vai desenvolver de modo experimental ata fin de ano o programa "Aulas Internacionais", iniciativa que quere promover a fala do inglés entre escolares de 6º de Primaria dos centros públicos da cidade.

luns, 22 out 2007
1193060596aulasinternacionais221007.jpg
O alcalde e a concelleira de Educación presentaron a iniciativa este luns no CEIP Eijo Garay
Neste proxecto, o alumnado achegarase ao inglés dun xeito práctico, utilizando exclusivamente ferramentas de linguaxe oral, co obxectivo de que dominen con soltura a lingua internacional por excelencia.

Preténdese recrear, nunha aula específica e caracterizada a tal fin, situacións propias de estadías no estranxeiro ou de comunicación con persoas que descoñecen as nosas linguas propias e coas que forzosamente debemos falar en inglés, xa que non é posible a comunicación en ningunha outra lingua.

As aulas internacionais terán lugar en horario extraescolar, de luns a venres entre as 15.00 e as 18.00 horas, previa concertación coas ANPAS de cada centro. A participación do alumnado interesado é totalmente gratuíta e voluntaria.
Descargar todas as imaxes