mércores, 24 outubro 2007

Primeira reunión en Vigo da Comisión Executiva do Eixo Atlántico

A Comisión Executiva do Eixo Atléntico reuniuse este mércores en Vigo para tratar diversos temas relacionados co funcionamento do ente transfronteirizo e o desenvolvemento dos seus obxectivos, entre os que a comunicación ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal ocupa un lugar "estratéxico", segundo sinalou o seu presidente e alcalde de Vila-Nova de Gaia, Luis Filipe Menezes.

A Concellería de Turismo inicia unha experiencia piloto co patrocinio ao Club Xuvenil de Teis de voleibol

mércores, 24 out 2007

O patrocinio ao Club Xuvenil de Teis de voleibol inicia "unha fase importante na integración dos equipos de elite de Vigo que participan en diversas competicións na promoción da cidade", salientou esta mañá o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, na presentación do proxecto. Deste xeito, o Club Xuvenil de Teis pasará a chamarse equipo Xuvenil de Teis Turismo de Vigo.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 24 out 2007

Convócase ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves día 25 de outubro, ás 09.00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.