O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.
O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".
Santi Domínguez explicou que establecerá contactos periódicos coa CEP co obxectivo de recoller as súas impresións e inquedanzas sobre cuestións fundamentais para o futuro da cidade. "Como teño manifestado desde que tomei posesión, creo que o deber dos políticos é estar dispostos a escoitar e a aprender dos sectores sociais e empresariais co obxectivo final de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas", salientou.
Na xuntanza, segundo indicou Fernández Alvariño, abordáronse temas prioritarios para a cidade como o PXOM, o Porto, a Autopista do Mar, o AVE e a estación pasante ou a necesidade de solo industrial en Vigo. Fernández Alvariño tamén amosou o apoio dos empresarios á iniciativa que lidera o tenente de alcalde para que Vigo sexa sede da Universidada. "Este evento vai supoñer un antes e un despois para a cidade", dixo o presidente da CEP.
Descargar todas as imaxes