venres, 26 out 2007
O alcalde, Abel Caballero, recibiu no seu despacho a Joaquín José Martínez, o primeiro español que saiu do corredor da morte en Florida (Estados Unidos). Joaquín José Martínez, que fora acusado dun asasinato que non cometera, está de visita en Vigo para ofrecer este venres unha conferencia na que defenderá a suspensión de todas as execucións.
venres, 26 out 2007
"Achegar aos nenos o gusto pola música através do xogo" é, segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o principal obxectivo da iniciativa "Vigo, en clave de sol". Trátase dunha actividade musical destinada a nenos de 8 a 16 anos que, no seu primeiro trimestre, se desenvolverá na Casa da Xuventude os sábados dos meses de novembro, Nadal e xaneiro.
venres, 26 out 2007
As diferentes agrupacións de scouts repartidas polo mundo celebran o centenario deste movemento transportando por diversos países a chama que simboliza o seu espírito e que arde continuamente na tumba do seu fundador, Baden Powell, en Kenia. Este venres, a Asociación Madres Latinas recibiu a chama no Concello co cometido de levala a América.