Persoas desempregadas de Vigo beneficiaranse dun curso de condutor de carretilla elevadora
O Goberno local aprobou a realización dun curso de condutor/a de carretilla elevadora durante 2007, que se desenvolverá na empresa Limber Multiservicios. O alcalde, Abel Caballero, asinou este xoves o convenio de colaboración para o desenvolvemento desta iniciativa.
O curso levarase a cabo dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación", que, no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007, beneficiará a 24 persoas desempregadas do municipio de Vigo.
Para o deseño deste curso tivéronse en conta os intereses formativos manifestados polas persoas usuarias do Servizo de Orientación Laboral e as necesidades detectadas no mercado de traballo.
O alumnado deste curso selecciónase entre as persoas entrevistadas polo persoal do Servizo de Orientación Laboral do Concello que teñan dentro do seu itinerario formativo a realización de cursos de formación ocupacional, e a empresa participante, Limber Multiservicios, asume a contratación do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente o curso por un período non inferior a tres meses.
O orzamento para este curso é de 5.070 euros e nel inclúense todos os gastos de realización desta acción formativa como son persoal docente, material funxible ou o seguro de alumnado.
A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito produtivo real, que é a empresa, onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades e funcións propias do posto de traballo, coñecer as relacións laborais e a organización dos procesos produtivos.
A materialización deste curso terá lugar inmediatamente despois da sinatura deste convenio de colaboración entre o Concello e a empresa Limber Multiservicios, S.L.
Descargar todas as imaxes