Caballero visita o MARCO con motivo do quinto aniversario do museo
O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres o MARCO, que está próximo a cumprir o seu quinto aniversario, e sinalou que "este museo marca un fito importante na actividade cultural" de Vigo. Caballero engadiu que o MARCO "debe constituírse no emblema do desenvolvemento cultural da cidade", e que para iso "non imos escatimar recursos nos tempos vindeiros".
O quinto aniversario da apertura ao público do MARCO terá lugar o próximo 13 de novembro e para celebralo o museo irá ofrecendo, entre os meses de outubro deste ano e xaneiro de 2008, un conxunto de actividades que teñen por eixo fundamental a inauguración da exposición "Tiempo al tiempo". Con esta mostra, os artistas que formaron parte da exposición inaugural "Cardinales" volverán, cinco anos despois, aos espazos do MARCO.
Descargar todas as imaxes