Carmen Silva remitirá aos portavoces políticos informes que corroboran a legalidade dos cambios no Plan Xeral
A concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, adiantou este xoves, despois da reunión da Comisión Delegada do Plan Xeral, que lles entregará aos portavoces dos grupos políticos municipais dous informes xurídicos que corroboran a legalidade dos cambios que o Goberno local quere introducir no documento.
De entre estes cambios, o da reserva do 40% da edificabilidade residencial nos ámbitos de solo urbano non consolidado e de solo urbanizable para vivenda protexida foi novamente o que cobrou maior protagonismo.
Tras a xuntanza, Carmen Silva mostrouse "convencida" de que o 40% figurará no novo PXOM en todos os ámbitos mencionados. Segundo Silva, o Concello acaba de recibir un informe externo encargado a un "xurista de prestixio" que corrobora a seguridade legal dos cambios defendidos polo Goberno municipal, polo que a reserva de solo que este propugna "non é ningún impedimento".
Silva engadiu que o único requisito que se ten que cumprir neste sentido é que a reserva desta porcentaxe sexa viable técnica e economicamente, algo que, de acordo co vaticinio da concelleira, será unha realidade antes do 31 de decembro. O informe externo, xunto co do secretario xeral da Xerencia de Urbanismo, será remitido aos portavoces dos grupos políticos municipais este mesmo xoves.
A portavoz do BNG na Comisión, Elena Maure, afirmou que o seu grupo mantén "a posición que tivemos ata agora", e que, por tanto, en relación á reserva do 40% "o que asinamos no pacto é en principio o noso obxectivo". Con todo, matizou Maure, o BNG esperará ata o 15 de novembro para tomar as decisións que considere oportunas. Nesa data a empresa redactora do Plan presentará o seu informe definitivo sobre o documento, e o cambio do 22% de vivenda protexida actual á porcentaxe proposta polo Goberno podería ser cualificada de inviable, como sinalou a portavoz nacionalista.
Carmen Silva afirmou que se isto chega a acontecer e a reserva do 40% non se pode aplicar nalgún ámbito "estudaremos que se pode facer nese ámbito". Neste sentido, o alcalde, Abel Caballero, asegurou estar convencido da viabilidade do cambio, xa que é "perfectamente posible".
Pola súa parte, o protavoz do PP na Comisión Delegada, José Manuel Figueroa, instou o Goberno municipal a "pórse de acordo" e aclarar "cal é o criterio que queren manter sobre o Plan Xeral". "A partir daí pronunciarémonos", sinalou Figueroa, quen ademais mostrou a preocupación do seu grupo polo aumento da vivenda protexida no novo PXOM, dado que suporía "un cambio substancial". O portavoz popular engadiu que deste cambio pode depender o do estudo económico-financeiro do Plan, e que con isto "sería necesario" un novo período de exposición pública do documento, aínda que polo de agora digan o contrario os informes xurídicos mencionados pola concelleira de Urbanismo.
Descargar todas as imaxes
Tras a xuntanza, Carmen Silva mostrouse "convencida" de que o 40% figurará no novo PXOM en todos os ámbitos mencionados. Segundo Silva, o Concello acaba de recibir un informe externo encargado a un "xurista de prestixio" que corrobora a seguridade legal dos cambios defendidos polo Goberno municipal, polo que a reserva de solo que este propugna "non é ningún impedimento".
Silva engadiu que o único requisito que se ten que cumprir neste sentido é que a reserva desta porcentaxe sexa viable técnica e economicamente, algo que, de acordo co vaticinio da concelleira, será unha realidade antes do 31 de decembro. O informe externo, xunto co do secretario xeral da Xerencia de Urbanismo, será remitido aos portavoces dos grupos políticos municipais este mesmo xoves.
A portavoz do BNG na Comisión, Elena Maure, afirmou que o seu grupo mantén "a posición que tivemos ata agora", e que, por tanto, en relación á reserva do 40% "o que asinamos no pacto