Escoitar

Escolares visitan a Escola Obradoiro Mar de Vigo

A Escola Obradoiro Mar de Vigo III oferta aos centros de ensino da cidade visitas didácticas ás súas instalacións co fin de coñecer os traballos de carpintería de ribeira e da construcción da réplica dun galeón de nove metros de eslora.

mércores, 17 out 2007
1192620965mardevigoescolares.jpg
Os escolares participarán tamén en obradoiros de nos, bandeiras e maquetas e coñeceran as embarcacións construídas en anteriores proxectos da Escola Mar de Vigo.

A primeira das visitas terán lugar o xoves, día 18, a cargo dos escolares de 6º de primaria do CEIP Frián Teis. No mes de novembro asistirán á actividades os centros de Doutor Fleming, Altamar, Coutada Beade, Barreiro e San Rafael.

A Escola Obradoiro Mar de Vigo é unha acción da Concellería de Promoción Económica e Emprego no marco dos programas de cooperación da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes