Escoitar

Cincuenta galerías expoñen a partir deste xoves en Puro Arte

A segunda edición da feira de arte contemporánea Puro Arte 2007 inaugúrase este xoves no IFEVI, cun acto ás 19.00 horas ao que asistirá o tenente de alcalde, Santiago Domínguez. Máis de 50 galerías de 13 países exporán un total de máis de 2.500 obras en pintura, escultura, fotografía e arte gráfica.

xoves, 18 out 2007
1192716635puroartebebes.jpg
Unha das exposicións que se espera chame máis a atención é a denominada "Nursery". Trátase dunha mostra da arte hiper-realista, unha corrente artística que xa na primeira edición da feira causou admiración nos máis de 18.000 visitantes. Nesta ocasión expóñense 30 pezas, dunha colección de case 150 que a galería Clave de Murcia expón por primeira vez fóra do seu ámbito.

"Nursery" quere ofrecer un realismo sorprendente, con reproducións de nenos e bebés dunha gran fidelidade, como homenaxe á infancia e ao nacemento á vida. Pezas realizadas en poliéster, silicona, polivinilo e outros materiais plásticos, policromados e con enxerto de pelo natural. Obras de arte que se poden adquirir a prezos que oscilan entre 1.000 e 3.000 euros, con algunhas obras que chegan ata os 10.000 euros.

Desde o pasado martes xa están os galeristas desembalando as súas obras, nun proceso coidadoso e meticuloso. Expór é tamén unha arte dentro da arte e nunca se reunira en Vigo tal cantidade de obras de pintores como Dalí, Picasso, Miró, Barceló, Lamazares, Leiro, Colmeiro, Feito, Manolo Valdés e Millares, entre outros nomes dos de máis sona dentro do panorama artístico en España.

Da importancia da mostra viguesa no ámbito nacional e internacional dá fe o feito de que os Príncipes de Asturias teñan aceptado a Presidencia de Honor da feira. Unha feira que se manterá aberta ata o luns 22, en horario de 10.30 a 08.30 ininterrompido, excepto o día de clausura, cando só se manterá aberta ata as 15.00 horas.
1192716635puroartebebes.jpg
1192716647puroartemontaxe.jpg
Descargar todas as imaxes