Escoitar

A Concellería de Deportes ofrece un programa de iniciación á carreira a pé

O Concello proponlles aos vigueses iniciarse no deporte da carreira a pé a través do programa "Corre con Vigo", presentado este venres polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Esta actividade realizarase no Parque de Castrelos os luns, mércores e venres de 19.00 a 20.30 horas e contará co apoio dunha monitora licenciada en Educación Física.

venres, 19 out 2007
1192805510correconvigo191007.jpg
A finalidade desta iniciativa consiste en dar a coñecer os beneficios que aporta a práctica da carreira a pé. Neste sentido, Xabier Alonso convidou a todos os vigueses e viguesas a "dar o primeiro paso con nós", porque "unha vez que teñan a experiencia ese hábito saudable vailles cambiar a vida", transmitíndolles "un estado anímico moito mellor". Os que queiran probar poden comezar este luns 22 a partir das 19.00 horas.

Segundo afirmou o concelleiro de Deportes, co programa "Corre con Vigo" o Concello dá resposta a unha "reivindicación histórica da xente que corre en Castrelos". A través deste iniciativa, os corredores poderán contar co asesoramento dunha monitora licenciada en Educación Física e disporán, ademais, duns vestiarios no recinto do Auditorio de Castrelos para cambiarse e ducharse.

Os destinatarios de "Corre con Vigo" son os homes e mulleres de 16 anos en diante. A monitora responsable do programa pode recomendar a non realización da actividade por motivos de saúde.

Os que queiran participar poderán facelo, sempre de maneira gratuíta, despois de cubriren o documento de inscrición e atender as orientacións da monitora. Estableceranse diversos grupos de actividade en función da condición física.
1192805510correconvigo191007.jpg
1192805525correr191007.jpg
Descargar todas as imaxes