Escoitar

Concello e Caixagalicia buscan unha visión global para a súa colaboración

O Concello e Caixagalicia queren darlle á súa colaboración unha visión global, por medio dun proxecto que incluirá actividades culturais e deportivas, xunto coa presenza da entidade financeira no Teatro Fraga a través de "investimentos extraordinariamente importantes", segundo afirmou este venres o alcalde, Abel Caballero, despois de reunirse no seu despacho co director xeral de Caixagalicia, José Luis Méndez.

venres, 19 out 2007
1192803544caixagalicia191007.jpg
Neste protocolo figurarán as actividades que durante 2008 Caixagalicia realizará en Vigo nos terreos cultural e deportivo, ademais do mencionado apoio ao Teatro Fraga. O alcalde adiantou que os investimentos de Caixagalicia en Vigo serán levados a cabo no marco dunha "cooperación continua" por parte do Concello. O seguinte paso será a reunión que Caballero e Méndez manterán "dentro dun par de semanas", segundo indicou o alcalde, "para ver todos os proxectos concretos".

Caballero asegurou que a execución deste proxecto será "a actuación máis importante que terá realizado Caixagalicia" na historia de Vigo, e engadiu que desde o seu Goberno buscará a colaboración de todas as entidades culturais e deportivas que se vexan implicadas nas actividades que se desenvolvan, para darlle unha dimensión "global".
Descargar todas as imaxes