Vigo entra na dirección da Asociación de Municipios con Territorio en Parques Nacionais
O Concello de Vigo, a través da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, forma parte por primeira vez da Xunta Directiva da Asociación de Municipios con Territorio en Parques Nacionais (AMUPARNA), que celebrou unha asemblea extraordinaria este martes en Madrid para actualizar a súa organización.
Francisco Bella, do Concello de Almonte (Huelva), seguirá sendo o presidente da Asociación, despois de que a asemblea decidise modificar os seus estatutos para poder reelixilo. Os representantes dos municipios con territorio en Parques Nacionais elixiron tamén a Xunta Directiva da súa Asociación durante os próximos catro anos, da que formará parte por primeira vez o Concello de Vigo, a través da concelleira María Jesús Lago.
A representante viguesa adiantou que se reunirá o xoves 18 de outubro co director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, para comezar a concretar as propostas que Vigo realizará como membro da Xunta Directiva de AMUPARNA.
A Asociación de Municipios con Territorio en Parques Nacionais agrupa un total de 65 concellos españois, entre os que figuran os galegos de Bueu, Vigo e Vilagarcía de Arousa, nos que está situado o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Descargar todas as imaxes