Escoitar

Actividades saudables para as persoas maiores

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, e a presidenta da Federación de Veciños, Elena González, acordaron ampliar ata o mes de decembro o proxecto do programa "Actividades Saudables" dirixidos as persoas maiores e que se desenvolver nas asociacións de veciños de Coia e Lavadores e incorporase nesta ampliación a asociación de Teis.

xoves, 11 out 2007
1192104218actividadessaudables.jpg
As actividades realizasen de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 e consisten en obradoiros de estimulación cognitiva, xerontoximnasia e educación de adultos.

A concelleira María Méndez lembrou que unha das prioridades do seu departamento é a atención das persoas maiores, mediante a promoción dun estilo de vida saudable para a prevención de distrofias físicas, mentais ou emocionais. Por outra banda, mediante a promoción das relacións sociais e de intercambio entre iguais.

Estes motivos esencias levan ó Concello a apoiar o programa de "Actividades Saudables" que trata de previr e postergar ao máximo a perda de autonomía física e intelectual das persoas maiores á vez que reforza os fíos coa familia, coa veciñanza e coa sociedade, o que reverte nunha mellora da calidade de vida.
Descargar todas as imaxes