Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche das rúas Mestre Mateo e Teófilo Llorente

<br />

xoves, 11 out 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de subida de materiais para cuberta, a realizar pola empresa Grúas Rama, estarán pechadas ao tráfico as rúas Mestre Mateo e Teófilo Llorente, á altura do número 16, con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 13 de outubro ás 14.00 horas até o domingo 14 de outubro de 2007 ás 20.00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.