DOA ofrece unha exposición na lonxa do Concello para celebrar o Día Mundial da Saúde Mental
Este mércores 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental e para celebralo a asociación DOA inaugurou unha exposición de obxectos realizados por persoas con enfermidade mental. A mostra está na lonxa do Concello e foi visitada polo alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez.
A exposición, na que se poden contemplar ou adquirir debuxos, cadros, colgantes, pezas de roupa e figuras de cerámica, entre outros obxectos, estará na lonxa este mércores e o xoves.
Ademais desta actividade, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA organiza unha conferencia sobre saúde mental o martes 16 a partir das 20.00 horas no Auditorio do Concello.
O lema elixido este ano para o Día Mundial da Saúde Mental é "A saúde mental nun mundo cambiante: o impacto da cultura e da diversidade". Con el, a Federación Mundial para a Saúde Mental quere chamar a atención sobre a problemática que neste sentido afecta aos emigrantes, e que adoita manifestarse en circunstancias como un grande estrés e factores de risco específicos para a saúde mental destas persoas.
Descargar todas as imaxes