Carmen Silva di que é "posible" introducir o 40% de vivenda protexida no PXOM dentro de prazo
A concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, afirmou este mércores que é "posible" introducir no PXOM antes de finalizar 2007 a reserva do 40% da edificabilidade residencial nos ámbitos de solo urbano non consolidado e de solo urbanizable para vivenda protexida.
Silva asegurou que "se se quere pódese" introducir este cambio, e que "o PSdeG-PSOE quere que se faga en prazo". "Para os socialistas é irrenunciable", dixo a concelleira, repetindo os termos utilizados o martes polo alcalde, Abel Caballero. Carmen Silva defendeu esta postura argumentando que "os prezos da vivenda hoxe en día son inasumibles para a maioría da sociedade".
A concelleira sinalou que o seu grupo terá con respecto aos seus socios de Goberno do BNG unha "actitude de total colaboración" para lograr a aprobación do PXOM en 2007. Nesta tarefa, ademais, será necesario "seguir instando" a empresa redactora do Plan a "ser o máis áxil posible no traballo", indicou Silva.
Descargar todas as imaxes