Escoitar

Santi Domínguez anuncia que investirá cerca de 3 millóns de euros no Casco Vello o vindeiro ano

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe mércores que nos orzamentos do Concello para o vindeiro ano se contemplan cerca de tres millóns de euros para distintos proxectos e actuacións no Casco Vello. Salientou que é o investimento máis importante que calquera goberno municipal ten destinado ao barrio histórico e é o mellor exemplo do compromiso que asumiu para que á rehabilitación integral do Casco Vello sexa desta volta unha realidade.

mércores, 10 out 2007
1192020136cascovello101007.jpg
Santi Domínguez fixo estas declaracións tras a reunión que mantivo con hosteleiros da zona de A Pedra é o percorrido que fixo polo lugar. A visita permitiu ao tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos analizar sobre o terreo a aplicación de medidas que van a axudar a solucionar os problemas que os hosteleiros teñen. Unha das cuestións as que se lle vai dar prioridade é a de resolver os problemas de filtracións de auga que ten a cuberta que se instalou na zona de as ostras. Santi Domínguez adiantou que nos orzamentos haberá unha partida específica para resolver ese problema e tamén se estuda xa a posibilidade de que a zona poda estar descuberta no verán.

Entre as actuacións que se queren levar adiante está tamén a humanización de toda a rúa Teófilo Llorente e un plan de dinamización do Casco Vello, segundo anunciou o tenente de alcalde.
Descargar todas as imaxes