O Campus de Ciclismo Vigo 2001 celebrarase a vindeira semana
A Concellería de Deportes patrocina a terceira edición do Campus de Ciclismo Vigo 2001-Redcom que quere seguir a ser fiel á súa filosofía de servir de punto de encontro para a xeración actual de ciclista galegos e de estímulo e orientación na procura de metas cada vez máis altas. Celebrarase do 27 ó 28 de decembro.
Esta edición do Campus volverá contar coa presencia de figuras verdadeiramente grandes no eido do ciclismo, como son dous dos invitados este ano: Óscar Sevilla, a gran revelación do ciclismo mundial na última campaña, e David Plaza, corredor do Festina, cun gran palmarés e que vén de realizar tamén unha magnífica Volta a España.
Contarase, ademais, coa experiencia do colectivo de ciclistas profesionais galegos, con Marcos Serrano á fronte, a vez un dos impulsores do Campus: e de técnicos coma Álvaro Pino, parte decisiva asimesmo para que estas xornadas se celebren, e que dende a súa posición de director deportivo do equipo Phonak, volve abrirlle portas ós ciclistas galegos, coma xa antes fixera en Kelme. Ou mesmamente Blanco Villar, que con toda probabilidade no 2003 dirixirá un equipo profesional en Portugal, meta actual de moitos corredores galegos.
O Campus preséntase polo tanto coma un agasallo do Nadal para os máis novos, que poderán estar preto dos seus ídolos, pero tamén coma unha ventá de posibilidades para os que verdadeiramente aspiran a chegar lonxe no ciclismo, ou a profundizar nos coñecementos deste complexo e apaixoante deporte.
Refírese a ciclistas de categorías junior e sub 23, que non van atopar no Campos unha solución decisiva, pero si ese apoio que nun determinado momento será de utilidade no longo percorrido que o ciclista novel ten que facer ata chegar a máxima categoría.
Descargar todas as imaxes