Escoitar

Aprobada a oferta pública de Emprego 2001

venres, 21 dec 2001
A Comisión de Goberno aprobou a Oferta Pública de Emprego deste ano, polo que se procederá proximamente á súa convocatoria nos diferentes boletíns oficiais. Convócanse 51 prazas de persoal funcionario e 6 de persoal laboral. A meirande parte corresponden á policía local (29) e ao corpo de bombeiros (8).

Tamén se convoca unha praza de auxiliar administrativo para o organismo autónomo Vigozoo.
Esta é a oferta de emprego público máis ampla das que este ano se realizaron nas administracións locais de Galicia.

Relación de prazas ofertadas:

Persoal funcionario
1 Técnico Admón Xeral -------------------- Libre
4 Administrativos de Admón Xeral------- Promoc. Interna
4 Aux. de Admon. Xeral ------------------- Libre
3 Técnico de sistemas ---------------------- Libre
1 Técnico Medio Servic. Económicos---- Libre
1 Inspector Aux. Urbanismo -------------- Promoc.Interna
3 Suboficial Policía ------------------------- 1 libre 2 Prom. Inter.
26 Garda policía Local ----------------------- Libre
5 Bombeiro ----------------------------------- Libre
3 Conductor Bombeiro ---------------------- Libre

Persoal laboral
4 Oficial de Oficios ( 1 albanel, 1 conductor, 1 sepultureiro e 1 xardineiro)
2 Axudantes de Oficios

Vigozoo
1 Auxiliar Administrativo