Escoitar

Convenio de colaboración entre o Concello e a Dirección Xeral do Catastro

xoves, 20 dec 2001
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, subscribiu un convenio de colaboración co director xeral do Catastro, Jesús Miranda, que facilitará a cooperación entre as dúas administracións. Concello e Ministerio de Facenda unirán esforzos para completar o inventario de bens inmobles do municipio e intercambiarán información sobre calquera alteración que se produza.

Con este acordo, o Concello e a Xerencia Territorial do Catastro suman esforzos para actualizar as súas bases de datos e conseguir así unha mellor xestión.

Lois Castrillo agradeceulle ao Director Xeral do Catastro a boa disposición amosada polo Ministerio para principiar este camiño de colaboración que, na súa opinión permitirá mellorar notablemente o funcionamento de ámbalas administracións. O convenio asinado afecta en Vigo a 162.445 unidades catastrais.