Turismo conclúe as obras de humanización da Praza do Progreso
O concelleiro de Turismo, Carlos Príncipe, inaugurou hoxe as obras de humanización da Praza do Mercado do Progreso que consistiron na eliminación de elementos de mobiliario urbano existente no centro da praza creando un grande espacio de 2.000 m2 rodeado dunha gran pantalla verde.
A actuación supuxo un desembolso de 15 millóns de pesetas das que o Concello e a Consellería de Industria aportaron a cantidade de nove millóns.
A praza dotouse de papeleiras, bancos, xardiñeiras e pérgolas, cunha disposición rectangular e un escenario permanente, na parte central, para actividades lúdicas e culturais. O sistema de iluminación pública adaptouse ó das rúas do entorno do Museo de Arte Contemporánea.
Descargar todas as imaxes