A Xerencia aproba o seu presuposto para 2002
O Consello da Xerencia aprobou o presuposto para o ano 2002 deste organismo autónomo. A cantidade orzamentada é semellante á deste ano, 549.476.489 ptas.
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que o máis salientable deste presuposto é que recolle a dotación necesaria para desenvolver o traballo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a tarefa máis importante que terá por diante a Xerencia nos próximos meses. No documento prevese tamén o incremento de seis postos de traballo na Xerencia para reforzar os servicios de disciplina urbanística, xestión e planeamento.