A UE concédelle á Mancomunidade o programa Equal para facilitarlles o acceso ó traballo ás persoas desfavorecidas
Os alcaldes que conforman a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo trataron na Comisión de Goberno as subvencións e o traballo que se vai desenvolver nos vindeiros dous anos dentro do Proxecto Compas no marco da Iniciativa Comunitaria EQUAL que contará en total cun investimento de 487 millóns de pesetas.
Este proxecto levarao a cabo a Agrupación de Desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo integrada pola Mancomunidade, as tres centrais sindicais (CCOO, UGT e CIG), a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Xunta e a Deputación Provincial. Este é o primeiro paso dado trala firma do Acordo Marco polo Empleo asinado no pasado mes de xullo. A Mancomunidade de Vigo é un dos doce organismos galegos que acadaron a subvención do seu proxecto presentado diante da Iniciativa Europea EQUAL e dentro destes é un dos tres que levarán a cabo políticas de inserción laboral en Galicia.
O principal obxectivo que se marca é aplicar un proceso flexible e personalizado de mellora da ocupabilidade dos habitantes da Área Metropolitana que son obxecto de desigualdades en relación co acceso ou o mantemento do seu posto de traballo.
O Proxecto Compas desenvolverase en dúas fases. Na primeira delas investiranse 12 millóns de pesetas e prevese que finalice no mes de abril. Neste tempo constituirase a Agrupación de Desenvolvemento, o acordo de cooperación transnacional e a realización do programa de traballo. Na segunda fase, na que se investirán 475 millóns de pesetas, executarase o Plano no que se contempla acada-la igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Asemade o Plano pretende introducir novas tecnoloxías da información e da comunicación, a protección e mellora do medioambiente e o establecemento dunha evaluación continua da calidade de todo o proceso.
Doutra banda, a Comisión de Goberno, pechou a xustificación da Mancomunidade como beneficiaria do programa Proder I. Asemade, aprobou a participación da Mancomunidade na Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo a proposta do Concello de Vigo dentro do programa SAVE da UE.