Escoitar

Normalización Lingüística programa durante o Nadal actividades de lecer para rapaces

xoves, 20 dec 2001
imx920.jpg
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez-Corbalán, presentou a campaña de dinamización ”¿Xogas? Nadal en galego” que oferta actividades de lecer para fomentar o uso da lingua de noso entre os máis pequenos durante as vacacións de Nadal.

A praza E, a Biblioteca Central, a praza da Constitución e a librería Andel serán os escenarios nos que os dinamizadores do colectivo Vaivén, da Asociación Xuvenil Abertal, entreterán os rapaces con contacontos, xogos populares e obradoiros.

A Concellería de Normalización Lingüística, en colaboración coas de Educación e Xuventude, desenvolveu durante todo o ano o programa ”¿Xogas?, en galego podemos” que terá continuidade no vindeiro 2002.

Durante as tardes dos venres de abril e maio creouse un espacio no que nenos galegofalantes tiñan un lugar común no que xogar, brincar e compartir. Estas actividades desenvolvéronse co colectivo Pais e Nais polo Ensino en Galego.

Rematada esta primeira xeira, durante xuño e xullo, sumouse á campaña a Praza E e os sábados de tarde había neste centro comercial actividades en galego para o lecer dos cativos.


Programa

Mércores 26

11:00-13:00 Xogo de animación. Praza E

17:00-18:00 Contacontos. Biblioteca Central

Xoves 27

11:00-13:00 Obradoiro. Praza E

17:00-19:00 Xogo de Animación. Biblioteca Central

Venres 28

11:00-12:00 Contacontos. Praza E

17:00-18:00 Contacontos. Biblioteca Central

Sábado 29

16:30-18:30 Xogos populares. Praza da Constitución

Mércores 2

11:00-13:00 Obradoiros de xoguetes. Praza Elíptica

19:30-20:30 Contacontos. Librería Andel

Xoves 3

11:00-12:00 Xogos malabares. Praza E

16:30-18:30 Obradoiros (regalos de Nadal). Praza da Constitución

Venres 4

11:00-13:00 Xogo de animación. Praza E

19:30-20:30 Contacontos (maiores). Librería Andel

Descargar todas as imaxes