O Mesías de Haendel: broche de ouro ó Festival Are-More
O Festival Are-More chega ó final da andadura da súa segunda edición cun auténtico broche de ouro. A interpretación do Mesías de Haendel, no que será o concerto de Nadal de toda Galicia, tralo acordo alcanzado pola organización con TVG para retransmitilo integramente na mañá do día 25 de decembro. O concerto, que se celebrará no Cine Fraga-Caixa Galicia o venres 21 ás 20:30, estará a cargo da formación Il Fondamento, considerada como a mellor de música barroca da tempada e unha das que máis logrou plasma-lo espírito do autor á hora de aplica-las súas notas musicais.
A expectación que levantou este evento foi tan grande, que a organización se viu obrigada a cambia-lo escenario previsto para trasladalo ó Teatro cine Fraga, a fin de conseguir unha maior capacidade.
George Friedrich Haendel compuxo O Mesías no ano 1741, dentro da serie de obras para as que se inspirou en pasaxes da Biblia. Co paso do tempo, esta peza do compositor alemán afincado en Inglaterra converteuse nunha das xoias da música culta, á altura das máis importantes xamais compostas.
Para interpretar esta obra, a organización de Festival ARE MORE seleccionou un dos grupos que máis importantes versións fixeron de O Mesías nos últimos anos: Il Fondamento. Creado no ano 1989, conseguiu reunir a unha serie de músicos cun denominador común: a interpretación de música antiga con instrumentos da época. Dous anos máis tarde da súa formación, Il Fondamento creou tamén un coro propio, que sigue na actualidade, composto por dezaseis profesionais. O repertorio do grupo abarca dende as grandes obras maxistrais ata as menos coñecidas dos séculos XVIII e XIX. A reputación desta formación consolidouse en todo o mundo. Por ese motivo é reclamada para actuar nos escenarios máis prestixiosos de Europa e América.
Grava discos en exclusiva para o selo Pasacaille-Label de Vanguard Classics International.
Il Fondamento está dirixido por Paul Dombrecht, que ó mesmo tempo interpreta o óboe principal. Está considerado coma un dos solistas máis importantes do mundo na interpretación deste instrumento, e o seu labor foi recoñecido tamén como profesor. Non en van é titular dos conservatorios de Bruxelas, Anveres e a Lovaina. Ademais da dirección de Il Fondamento, tamén fai o propio con outras dúas formacións: o ensemble de vento Octophoros e o Paul Dombrecht Consort, cos que tamén conseguiu un gran recoñecemento mundial.
A formación de Il Fondamento conta, como principais piares, coa soprano Greta De Reyghere, o alto Esteve Dugardin, o tenor Ian Honeyman e o baixo barítono Dirk Snellings.
Todo un luxo para a clausura da segunda edición do Festival ARE MORE.
BIOGRAFÍA
PROGRAMA
ENTRADAS