Escoitar

Santiago Domínguez asistiu á apertura do servicio gratuíto de internet da Casa da Xuventude

venres, 21 dec 2001
imx927.jpg
Casa da Xuventude
A Concellería de Xuventude puxo en marcha o segundo servicio gratuíto municipal de internet co obxectivo de fomentar o uso intelixente da rede desde a perspectiva informativa. Este servicio complétase cun directorio práctico de enderezos e páxinas de interese xuvenil.

O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, explicou que na actualidade se fai imprescindible afrontar o tema das novas tecnoloxías aplicadas en tódalas facetas da vida cotiá que son manexadas principalmente pola mocidade. Desde o servicio de información xuvenil da Casa da Xuventude preténdense optimizar os recursos destinados á mocidade, ofrecéndolle unha fonte de información fundamental hoxendía.

O directorio de enderezos e páxinas de interese xuvenil está dividido nas áreas de Emprego, Turismo, Estudiante e Información Xeral.


Normas do servicio de acceso gratuíto a internet

1.- A utilización deste servicio supón a aceptación destas normas.

2.- Este servicio vai dirixido a xoves interesados que posúan e presenten o carné de usuario que se lle solicitará ó persoal do Centro de Información e Documentación Xuvenil.

3.-Existen catro equipos informáticos e unha impresora a disposición dos xoves para realizar as tarefas de acceso a internet, utilizar o procesador de textos Word, imprimir documentos e enviar e recibir correo electrónico a través de correo web.

4.- A duración máxima de acceso é de 45 minutos diarios.

5.- Para solicitar o servicio, deberase reservar cita cunha antelación máxima de 24 horas.

6.- Para imprimir é imprescindible levar os folios, a Casa da Xuventude non os dará. Cada persoa poderá imprimir un máximo de cinco páxinas por sesión.

7.- Retiraráselle o carné de usuario do servicio de internet a aquelas persoas que reserven horas e non as utilicen nin avisen da súa ausencia de ningún xeito.

8.- Existe un directorio de internet a disposición de tódolos interesados.

9.- Queda prohibida a instalación e execución de programas e aplicacións nos equipos do servicio.

10.- Queda prohibida a gravación de ficheiros no disco duro do ordenador.

11.- O horario do servicio de acceso gratuíto a internet será de luns a venres de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:00. Os sábados, de 10:30 a 13:00 horas.

Descargar todas as imaxes