Escoitar

Vigovisións 1986-2000 recupera as distintas perspectivas fotográficas da cidade

O Museo de Arte Contemporánea inaugura o 10 de abril a exposición de Vigovisións 1986-2000, dentro do seu labor de revisión histórica e recuperación de autores e movementos contemporáneos en Galicia. A mostra compila as distintas imaxes creadas para a sección Vigovisións da Fotobienal ao longo das súas distintas edicións.

venres, 4 abr 2003
A Fotobienal, que tivo a súa primeira edición en 1984, era unha exposición fotográfica organizada bianualmente polo Concello de Vigo, producida e coordinada polo Centro de Estudos Fotográficos. A programación xiraba ao redor de tres ideas: recuperar a fotografía histórica galega, dinamizar a fotografía contemporánea galega e facer partícipe a Galicia no debate da fotografía universal. Se ben a súa primeira edición se centrou na realización dun balance da fotografía en Galicia, déuselle xa dende 1986 cabida a un proxecto de carácter innovador, e de proxección internacional, enmarcado neste contexto: Vigovisións.

Máis información