A "Quedada" de Xuventude analizará as políticas dirixidas aos novos na cidade
A xornada está aberta a participación de calquera mozo
A Concellería de Xuventude e o Vicerrectorado de Extensión Universitaria organizan o 5 de abril, a "Quedada", unha xornada de análise da política dirixida a mocidade en Vigo. O plan de traballo da xuntanza, que se celebrará na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial, inclúe a valoración das iniciativas municipais para os novos e a elaboración de propostas futuras.
A sesión do sábado insírese no programa Vigo 20, iniciado no mes de febreiro e que desenvolveu previamente unhas prexornadas, consistentes en grupos de discusión, con 150 mozos, e enquisas, respondidas por 1.452. Así, as discusións previstas para a Quedada partirán dos resultados obtidos nas consultas anteriores.
Verbo do perfil dos participantes nas enquisas, cómpre sinalar que no 52% foron mulleres e no 48% homes; sendo a franxa de idade maioritaria a comprendida entre os 20 e 25 anos, cun 62%, e estudiante a ocupación do 59%. Os servicios mellor valorados polos mozos interrogados foron Noites Vivas, cun 30%, e a Casa da Xuventude, cun 17%.
Tocante as ideas vertidas nos grupos de discusión, abondan as demandas dun maior apoio publicitario e económico ás actividades realizadas polos grupos e asociacións xuvenís. Ademais, solicítanse accións concretas encaradas á atender as necesidades de vivenda, emprego e saúde dos mozos.
Na Quedada poden participar todos os mozos, de entre 17 e 25 anos, que o desexen. Non é preciso pertencer a ningún grupo nin ter tomado parte nas prexornadas. A inscrición é gratuíta.
Descargar todas as imaxes