Turismo presenta un escaparate virtual con información para os visitantes
A primeira pantalla, instalada en Teófilo Llorente na oficina de Turismo da Pedra, está dispoñible as 24 horas. Este servicio interactivo prestarase tamén na estación marítima de ría.
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentou o escaparate virtual da oficina da Pedra que dispón dunha pantalla táctil que ofrece información tanto para os visitantes como para os cidadáns.
A instalación do sistema cumpre a normativa sobre a accesibilidade para diminuídos físicos de cara a facer que Vigo sexa unha cidade que favoreza o turismo apto para todos os cidadáns.
O escaparate virtual contén información, ademais da cidade de Vigo, doutras urbes integradas no proxecto "Cidades Dixitais" como A Coruña, que permitirá obter datos para os interesados en visitar outros lugares. Co tempo, todos os concellos que participen neste programa adheriranse a este portal.
No mes de maio instalarase un mupi interactivo con este sistema na estación maritítima, posto que son milleiros os turistas os que acoden ás Cíes ou a facer unha ruta pola ría.
O proxecto ampliarase no futuro, en colaboración coa Zona Franca, con máis instalacións semellantes. Os dous primeiros escaparates dispoñen dun orzamento de 12.000 euros.
Lilian Álvarez fixo un chamamento á cidadanía para o coidado deste servicio interactivo que facilita información mesmo fóra do horario das oficinas de turismo.