Escoitar

O mundo do libro protagoniza as actividades das ludotecas municipais

O antigo Exipto, o mundo do libro e as actividades ao aire libre serán os principais protagonistas das ludotecas municipais durante o mes de abril que en Semana Santa abrirán as súas portas tamén en horario de tarde.

mércores, 2 abr 2003
Ludoteca Casa da Xuventude

A primavera, o aire libre e a cooperatividade serán os tres grandes marcos das actividades da ludoteca da Casa da Xuventude en abril.A ludoteca e os seus balcóns convertiranse nun xardín, para o que serán decorados con flores, maceteiros, xarróns e outros motivos da primavera feitos con papel, cartón ou plástico reciclados.

Sairase ao patio a xogar e farase exercicio físico cun obradoiro de aerobic. Tamén se sairá ó aire libre para desenvolver xogos que fomenten a solidariedade, a coopertividade, a tolerancia e o enriquecemento cultural, como xogos populares galegos, xogos do mundo ou xogos de grupo competitivos. Nas vacacións de Semana Santa farase sendeirismo. E también haberá un obradoiro para coidar aos seres vivos.

Ludoteca de Coruxo

O antigo Exipto e a montaña serán os protagonista de abril na ludoteca de Coruxo.Na primeira quincena, os nenos achegaranse á civilización dos faraóns e as pirámides. Coñecerán as obras de inxeñería, o alfabeto e a relixión exipcias, e farán esculturas de arxila, pirámides e xeroglíficos.

Na segunda quincena, realizarase unha apaixonante viaxe ao mundo das montaña. Os nenos coñecerán as vidas dalgúns célebres montañeiros e as súas equipacións, e iniciaranse no sendeirismo no Maixo, o cumio de Coruxo.

Ludoteca de Lavadores

O antigo Exipto será tamén o protagonista da ludoteca de Lavadores en abril. Haberá unha exposición con traxes típicos, faraóns, claves, papiros, debuxos e xeroglíficos. Desenvolverase un obradoiro de barro no que se farán amuletos ou pequenas vaxixas colgantes. Realizarase un xogo de rastreo, con probas de habilidade e acertixos que terán que ser resoltos usando claves e xeroglíficos. Haberá tamén un obradoiro de pirámides, no que se utilizarán roliños de papel e cola. E xogarase o xogo ¿E ti quen queres ser?, no que os nenos farán un debuxo xigante dun faraón e poderán por a súa cara detrás para transformarse en Ramsés ou Cleopatra, por exemplo. Finalmente, as películas do mes serán Asterix e Cleopatra e César e Cleopatra.

A excursión do mes será á Biblioteca, para celebrar o Día do Libro.

Ludoteca de Coia

A ludoteca de Coia dedicará todo o mes o mundo do libro, tendo en conta que o 23 será o día do Libro. Haberá un concurso de carteis para ese día e tamén outro de contos, dedicado ás fábulas. Xogarase a por títulos a libros que nos os teñan, e tamén haberá un xogo de aromas. Ampliarase a biblioteca con libros en préstamo da Biblioteca Central de Vigo, e os socios poderán intercambiar fábulas e contos.

Ludoteca de integración

Na primeira quincena faranse manualidades como figuras humanas a tamaño real ou figuras con plastilina, e experimentos como colorear claveis. Haberá unha competición de mikado, e un contacontos e unha película.

Na segunda quincena faranse manualidades como vermes con botes de yogurt e o regalo do Día da Nai, que consistirá nun lapiceiro de cerámica con forma de bola. No apartado de experimentos faranse cristais de sal e tinta invisíbel con limón. Tamén haberá contacontos, cine e competicións.