Escoitar

A política social, a debate nunhas xornadas

A traballadora Social do Concello de Vigo María Xosé Thomas analiza "Os servicios sociais no marco da sociedade do benestar".

martes, 1 abr 2003
Thomas sobranceou, entre os sistemas de protección que existen neste país, a educación, sanidade, desemprego e servicios sociais como aspectos fundamentaris para favorecer a sociedade de benestar.

Entre as súas propostas está a creación dunha lei a escala estatal que garantice e unifique o acceso de todos os cidadáns aos servicios sociais de atención primaria, a formación universitaria superior e de terceiro ciclo para poder realizar investigacións máis rigorosas e unha meirande dotación económica para a creación de servicios adecuados ás necesidades existentes.

Thomas explicou que agora empezan a florecer os denominados servicios especializados, dentro dos planos sectoriais para a igualdade de oportunidades, tal como o desenvolvido en materia de drogodependencias que dispón de profesionais que traballan conxuntamente desde os seus ámbitos concretos de actuación.

O Estado social de dereito baséase nos sistemas públicos de prestacións e servicios, planos sectoriais para a igualdade de oportunidades e planos integrais de loita contra a pobreza e marxinación, afirmou.

Máis información