Escoitar

Solicítanse lanchas de salvamento marítimo

O Pleno da Corporación acordou, por unanimidade, pedirlle ao Goberno Central que se poñan en servicio catro lanchas de salvamento de última xeración na provincia de Pontevedra e que, cando menos, unha delas teña base en Vigo para as oportunas operacións de salvamento na ría.

luns, 31 mar 2003
No pasado mes afundiuse un barco na Costa da Vela e recentemente un remolcador a tres millas de Cíes. Os barcos dos mariñeiros saen para recoller troncos á deriva que constitúen un gravísimo perigo para a navegación.

Na autonomía uniprovincial de Asturias teñen dúas lanchas de salvamento, na provincia de Lugo teñen unha e na provincia da Coruña teñen cinco mentres que en Pontevedra e na ría de Vigo non se dispón de ningunha.