O alcalde presenta o plan que garantirá o subministro de auga a Vigo nos próximos 30 anos
O alcalde, Lois Castrillo, presentou o Plan Director de Abastecemento de Auga co que se satisfarán, cunha previsión de 30 anos, as necesidades dunha poboación de 600.000 habitantes, a que corresponde a Vigo e os concellos da bisbarra.
Neste Plan está incluída a conexión Casal-Valadares e o peche perimetral que resolverá o déficit de auga en zonas como Beade e garantirá o subministro ao Parque Tecnolóxico e Loxístico e ao polígono de Navia. Estas obras serán aprobadas polo pleno da corporación o vindeiro luns e principiarán a finais de abril cun orzamento de 8 millóns de euros.
Castrillo incidiu na necesidade de analizar e coordinar cos concellos, Deputación e Xunta de Galicia o plan director, no que se investirán 220 millóns de euros. Permitirá garantir o fornecemento de auga a 14 concellos cunha previsión de 30 anos, que terán unha poboación estimada en 600.000 habitantes e un importante desenvolvemento industrial e turístico.
Entre as propostas de actuación están a construcción dun encoro de 17 Hm3, un túnel sifón en Amoedo, unha nova estación de tratamento de auga potable cun caudal de 1.500 litros por segundo para o que é necesaria unha rede de alta capacidade, a renovación de redes de distribución de fibrocemento por outras novas de fundición dúctil e o deseño e construcción de seis novos depósitos de almacenamento.
Descargar todas as imaxes