Máis de cen de mozas e mozos vigueses participan en Vigo 20
Máis de cen persoas están a traballar nos grupos de Vigo 20, convocatoria realizada pola Concellería de Xuventude e a Universidade de Vigo para a reflexión, á crítica e á acción dos mozos e mozas da cidade. Que as e os protagonistas reflexionen sobre si mesmos e sobre o acerto ou desacerto das institucións no seu afán organizador é o principal obxectivo desta convocatoria, que organizan conxuntamente as dúas entidades públicas.
Nestes momentos están constituídas comisións de traballo encargadas de discutir os temas que máis lles interesan, formándose 16 grupos. A metade deles son grupos temáticos: música, artes plásticas, graffiti, skate-roller-bike, break, rol, teatro e radio.
O resto dos grupos son de traballo, e están dedicados a asociacionismo, ocio e tempo libre, calidade de vida, técnicos de acción xuvenil, campamentos e ludotecas, asociacións universitarias, voluntariado universitario e información xuvenil.
O acto central, no que confluirán todos os esforzos que se están a realizar terá lugar o día 5 de abril, e nel participarán todas e todos os mozos que o desexen, participen ou non no proceso previo. Os interesados en participar na Quedada do sábado 5 de abril, que terá lugar na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (Peritos) poden apuntarse ata o día 2 de abril, ben a través da Casa da Xuventude, ou a través da web xuventudevigo.org