O programa de atención á infancia atendeu a 1.750 nenos o pasado ano
A concelleira da Muller, Ana Gandón, presentou a memoria do servicio de atención domiciliaria á infancia mediante un convenio asinado con Mulleres Progresistas que quere facer compatible a vida laboral e familiar.
"Este servicio ten a vontade de axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar, xa que a responsabilidade do coidado dos fillos recae case exclusivamente nas mulleres", afirmou Ana Gandón.
Está dirixido a mulleres cunha situación económica precaria que precisan deste servicio para poder facer cursos de formación e busca de emprego de cara á reincorporación laboral. Préstase tamén esta colaboración no coidado dos nenos durante o seu tempo vacacional e en caso de enfermidade.
O servicio de atención domiciliaria á infancia non ten carácter permanente para as súas usuarias e atendeu 91 nenos de 53 mulleres durante o 2002 a título individual. Nos colectivos prestouse a colaboración no pavillón do Berbés, asociaciacións de pais e nais e vocalías de muller de asociacións veciñais. Isto compleméntase cos programas das ludotecas municipais e as escolas infantís.
As usuarias que requiren este servicio teñen entre 26 e 40 anos de idade e responsabilidade familiar exclusiva, ademais de ter inquedanzas formativas e laborais. Os nenos atendidos teñen entre 0 e 12 anos.
O presuposto anual deste programa é de 110.000 euros e dispón de 20 canguros con formación técnica de xardín de infancia e profesor de educación infantil, ademais de ser necesaria a asistencia a un curso de reciclaxe de 100 horas.